Un poco de historia

As instalacións da granxaescola Serantellos pertencen a una antiga granxa polo que adáptase ben as actividades agropecuarias, os edificios son doutros tempos nos que a vida transcorría tranquila.

Este proxecto naceu para transmitir o coñecemento que alberga a tradición e a riqueza cultural da vida no rural, e as múltiples oportunidades que ofrece o noso entorno para educar no respecto e no coidado do medio mediante unha aprendizaxe dinámica.

Para o desenvolvemento das nosas actividades empregaremos os recursos que ofrece o medio natural da nosa granxa traballando cunha metodoloxía activa. Tratarase de potenciar a capacidade do alumnado, motivándoo a observar o medio e a partir de aí espertar a súa curiosidade, feito que se evidencia coas súas múltiples preguntas e así pasar unha xornada divertida, onde a actividade lúdica sexa a protagonista.

O forno de Mamá Margarita

 

Panadeiros por un día

Na granxaescola facemos o pan a maneira tradicional, moemos os grans de millo, peneiramos a fariña e facemos o boliño de pan.

E tamén as veces facemos receitas riquísimas como rosquillas, galletas de xenxibre ou de avena, chulas de cabaza…

Os animais domésticos

 

Os máis mimados da Granxaescola son sen dúbida os nosos animais.

Queremos que os nenos e nenas aprendan as características de cada especie, os coidados que requiren e o máis importante  a respetalos.


A horta da miñoca Pipoca

Na horta coñeceremos diferentes cultivos. As labores que faremos poden ser:

Preparar a terra, sementar, plantar, regar, elaborar compost, recoller froitos e sementes e herbas aromáticas….

Ademais para poder seguir traballado na casa ou no cole, podemos preparar o noso sobre de sementes, con alghunas das sementes recollidas na granxaescola: pipas de mirasois e cabazas, flores de taxetes,….

Os xardíns centenarios

 

Os xardíns de Serantellos agochan moitos segredos. Teñen moita historia e están cheos de vida e cor.

O Pazo Serantellos

 

O noso albergue é un lugar único, por tratarse dun Pazo do século XVII que vinculado orixinalmente ao Mosteiro Cisterciense de Armenteira.