Os animais de Serantellos
Os máis mimados da granxaescola Serantellos son sen dúbida os nosos animais: o terneiro, o poni, as ovellas, os coellos, o porco, as galiñas, os patos, as pombas, os periquitos, ….
Nós dámoslles de comer, atendémoslos todos os días, coa vosa axuda. Deste xeito, aprendedes as características de cada especie, os coidados que requiren e o máis importante, aprendedes a respectalos.
Son experiencias estupendas que lembrareis durante moito tempo e que reforzan o aprendido na granxaescola.
O forno de Mamá Margarita
Panadeiros por un día.
Na granxaescola poderás facer o pan a maneira tradicional, moer os grans de millo cun muiño eléctrico, peneirar a fariña e facer o boliño de pan, amasando con coidado e utilizando só ingredientes naturais.
E tamén as veces facemos rosquillas, galletas de xenxibre ou de avena, chulas de cabaza…
A horta da miñoca Pipoca
Se queres saber como é o traballo na horta da miñoca Pipoca e no invernadoiro, na granxaescola Serantellos poderás aprender moitas cousas… dun xeito divertido!
Na nosa horta ecolóxica poderás plantar sementes, coñecerás diferentes tipos de hortalizas, aprenderás a distinguir as herbas daniñas das hortalizas e recollerás os froitos no seu punto de madurez. Tamén che ensinaremos os coidados e as condicións que necesitan as plantas para medrar: auga, sol, coidado da terra…