Instalacións
A GRANXA
Distribuídos pola contorna están o forno de mamá Margarita, os establos, os galiñeiros, a paxareira e o estanque.
horta e invernadoiro
A horta da miñoca Pipoca e o invernadoiro atópanse preto da granxa e dos xardíns.
Obradoiros e lecer
As salas dos obradoiros están dentro do xardín principal do equipamento.
Os espazos para o tempo libre son diversos, como o parque rústico, os xardíns, as pistas deportivas e o pavillón.
ALBERGUE
O edificio principal é un antigo pazo do século XVII, rehabilitado e adaptado para a súa función de albergue.
O albergue, dispón de 7 habitacións con capacidade para 60 persoas. Está dotado de comedor y una sala polivalente para reunións e actividades diversas.
As instalacións do albergue poden ser utilizadas por colectivos, asociacións, parroquias, colexios, sen necesidade de contratar actividades programadas. Tanto as infraestruturas como o lugar dan moitas posibilidades para gozar da contorna e realizar diferentes actividades: encontros, xuntanzas, retiros, encontros de amigos, reunións familiares… en definitiva, todo o que queiramos facer, lonxe da cidade e gozando da natureza, coñecendo un entorno diferente.
Queremos que cada neno, coas súas cualidades e peculiaridades, atope un lugar para desenvolverse e sacar o mellor que ten dentro.