Educar de xeito natural

Granxaescola
Serantellos

A  finalidade da granxaescola é axudar no coñecemento do mundo rural, do medio ambiente e de todo o traballo que se realiza no campo.

As instalacións da nosa granxaescola,  pertencen a unha antiga explotación, polo que conta cunha infraestrutura idónea para as actividades agrarias.

O edificio principal é un antigo pazo do século XVII, rehabilitado e adaptado para a súa función de albergue. Conta con comedor, unha sala de usos múltiples, 7 dormitorios con literas e aseos e duchas con auga quente.

Distribuídos pola contorna están os obradoiros, o forno de mamá Margarita,  os establos, os galiñeiros, a paxareira, o estanque, a horta da miñoca Pipoca, o invernadoiro, os xardíns, o parque rústico infantil, a zona deportiva e o pavillón polideportivo.

ACTIVIDADES

A granxaescola quere transmitir con ilusión o noso amor polo campo e polo medio ambiente. 

As actividades desenvólvense en tres liñas.

TARIFAs
curso 2024-2025

Queremos que cada neno e nena, coas súas cualidades e peculiaridades, atope un lugar para desenvolverse e sacar o mellor que ten dentro.